Quen? Cando? Onde?… que é o

COMAREA EXPERIENCE

comarea-divider-ornamental-white

O Comarea Experience é un festival de música electrónica e urbana realizado nun enclave natural costeiro incrible. Nace da necesidade de ofertar un evento actualizado e fresco na Costa da Morte que pretende traspasar, tamén, as súas fronteiras. É un manifesto pola experiencia conxunta deste territorio dende un punto de vista renovado, porque é iso: unha experiencia plural de alta calidade na que natureza, música e creación van da man.

Poñendo sobre a mesa un compromiso medioambiental e de igualdade de xénero como parte inherente de toda actividade cultural interesa, dende o festival, situarse como parte dunha rede de festivais que chegou con aires de renovación e ganas de repensar a vida no rural galego. E é aquí onde reside a maxia do Comarea Experience: na creación dunha nova proposta (necesaria) para desfrutar e vivir aquí.

Este ano cambiamos de localización e nos achegamos ó pobo de Muxía. Estaremos na entrada mesma, nunha zona verde que está a carón da Praia da Cruz, unha paraxe caracterizada pola súa area fina e auga limpa que mira cara a ría de Camariñas-Muxía. Unha localización que ten todas as comodidades, por estar tan preto do pobo, ó tempo que abre a posibilidade de disfrutar da natureza da Costa.

En relación ás distancias a Praia da Cruz está a 15 km de Cee, a 75 km de Santiago de Compostela e a 95 km da Coruña

QUEN ESTÁ DETRÁS

comarea-divider-ornamental-white
comarea-logocomarea

No ano 2015 un grupo de mozos e mozas de Muxía unímonos e decidimos constituír a Asociación Xuvenil Comarea coa fin de promocionar e dar máis vida á Costa da Morte. Os intereses xerais foron, dende un comezo, dinamizar a actividade cultural local, dar voz a unha xuventude crítica que quere ser partícipe do lugar, xerar unha rede interxeracional de diálogo entre todos os habitantes do pobo e, por último, explotar o potencial de Muxía como espazo pero tamén como colectivo de persoas, de tal forma que se poida ver nel un presente e futuro atractivo e posible; un lugar no que vivir.

comarea-logowakeup

Marca con 7 anos de experiencia adicada á promoción, produción e dirección de eventos e ítems que gravitan arredor da música avanzada e a arte visual. Na actualidade é residente na sala Pelícano de A Coruña mais conta cunha traxectoria en espazos como Palexco, Expocoruña ou o Palacio de Exposicións e Congresos de Galicia, entre outros.

No plano artístico esta marca contou e conta cos artistas máis importantes e cabezas de cartel dos principais festivais do panorama internacional. Nomes como Carl Cox, Richie Hawtin, Luciano, Sven Vath, Loco Dice, Marco Carola, Paco Osuna ou The Martínez Brothers sitúanos como marca líder do sector en todo o noroeste peninsular.