creemos que fan falta cambios

acción comarea

comarea-divider-ornamental-white

Vemos necesario construír novas formas de estar. Queremos despoxarnos das relacións de dominación e abuso que afectan tanto ó persoal como ó entorno no que vivimos. Unha sociedade sostible é aquela que respecta. Tamén queremos non quedarnos soamente nas ideas e pasaremos á acción. Deste xeito traballaremos de forma horizontal, abarcando tanto o traballo interno na producción como de cara o público do festival, e o faremos dende o enfoque de dous bloques: a acción polo medioambiente e acción contra a violencia de xénero.

Igualdade

Como acción concreta teremos un equipo de información sobre igualdade de xénero e tamén de intervención en caso de localizarse agresións machistas durante o festival.

MEDIOAMBIENTE

Realizaremos as seguintes accións que abarcan tanto reducción de enerxía e residuos, concienciación, fomento do consumo local e reciclaxe.

Realización dunha publicidade case exclusiva en medios e redes. Os poucos carteis físicos que se realizarán serán con papel reciclado.

Utilización de vasos retornables e palliñas de papel nas barras do festival.

Habilitación de autobuses dende varios puntos de Galicia, xa que en viaxes interurbanos o coche consume por viaxeiro e quilómetro case tres veces máis que o autobús.

Uso de escenarios de materiais biodegradables que poidan ser reutilizados na vindeira edición.

Esixir ás empresas de restauración do festival que non empreguen pratos, vasos e cubertos de plástico, tendo que ser ou biodegradables ou reutilizables.

Entrega de cinceiros portátiles ó público fumador para que non acaben os restos do tabaco no chan.

Instalación de illas de reciclaxe por todo o recinto. 

Impor ás empresas de restauración do festival que reciclen todos os residuos xerados.

Realización de varias xornadas de recollida de lixo nas praias para darlles outra vida ós residuos e limpar o entorno. O material recollido empregarase para decorar o festival, coa colaboración de artistas da zona.

Teremos a varias persoas que se adicarán exclusivamente a informar, a pé de festival, sobre a acción medioambiental e a súa importancia.

Informamos en redes da importancia de utilizar entrada electrónica, o transporte compartido e os contedores de reciclaxe.

Rexeitaremos a colaboración con marcas patrocinadoras que se sitúen lonxe da produción sostible.

Interesa reforzar a autonomía económica da zona a través da realización da sesión vermú e a localización do parking oficial no pobo de Muxía e, por último, o traballo con empresas locais.